Batalla do estreito de Dinamarca

Batalla do estreito de Dinamarca
Segunda guerra mundial

Tipobatalla naval Editar o valor en Wikidata
ResultadoVitoria alemá
LocalizaciónEstreito de Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Coordenadas67°46′00″N 31°00′00″O / 67.766667, -31
Belixerantes
Alemaña Reino Unido
Wikidata ]

A batalla do Estreito de Dinamarca foi unha batalla naval da segunda guerra mundial entre barcos da Royal Navy e a Kriegsmarine, librada o 24 de maio de 1941. O acoirazado británico HMS Prince of Wales e o cruceiro de batalla HMS Hood enfrontáronse ao acoirazado alemán Bismarck e ao cruceiro pesado Prinz Eugen, os cales estaban intentando chegar ao océano Atlántico para destruír mercantes aliados.

Menos de 10 minutos despois de que os británicos abrisen fogo, un proxectil do Bismarck alanzou ao Hood preto do seu depósito de munición de popa. Pouco despois o Hood estoupou, e afundíuse en tres minutos, salvandose so tres dos seus tripulantes. O Prince of Wales continuou intercambiando fogo co Bismarck pero tiña graves disfuncións no seu armamento principal xa que non estaba plenamente operativo despois de ser completado en marzo de 1941. Este feito, combinado cos efectos da batalla, fixo que tivese que retirarse do enfrontamento. O Bismarck, danado pero aínda operativo, negouse a seguir ao Prince of Wales e no seu lugar dirixiuse cara ao Atlántico ao lado do Prinz Eugen.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne